Krahe xa está con Brassens

Krahe xa está con Brassens

13 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A última actuación de Javier Krahe foi en Galicia, en Boiro, o pasado 28 de xuño. O bar A Pousada das Ánimas recibía a Javier Krahe todos os anos dende hai vinte. Sempre retornaba a este local porque el era de tocar en locais pequenos, para públicos reducidos aos que poidera mirar de perto. Esa foi a súa elección, fronte á de Sabina que optou polos concertos multitudinarios. Confesaba isto nunha entrevista concedida a Radio Fene en abril de

Javier Krahe tamén cantou en Ferrol, na Sala Super8 no pasado mes de xaneiro, onde presentou as cancións do seu último traballo "Las diez de últimas". E así foi.

O son non é o mellor do mundo pero pódese escoitar nesta nova, unha breve reportaxe sobre Javier Krahe, realizada  por Radio Fene no mes de abril de 1998, con motivo dunha actuación do cantante madrileño, na desaparecida sala "Casablanca" de Narón- A Coruña.

Sociedade