ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fixo falta o colchón ao Perlío para seguir na encabezando a segunda galega de fútbol despois de deixar dous puntos fronte ao Meirás.
Perlío 1- Meirás 1. O perlío segue líder despois deste empate que é unha mágoa pois o perlío dominou o encontro e puido ter conquerido os tres puntos. Tiveron moitas ocasións para que así fora pero non entraron. No minuto 84 empatou o Meirás e xa non deu tempo. O gol do Perlío foi obra de Gabeiras que tivo outra ocasión estupenda pero deu no pau. O Meirás non foi o rival doutras campañas pero pelexa os partidos. Aguantou ben na primeira parte pero na segunda baixaron, en palabras de Piñeiro.
O Perlío contiúa encabezando a clasificación con 29 puntos. Menos mal que tiñan un colchón preparado. O próximo encontro é todo un reto fronte ao Narahío no complicado campo da Veiga. Na primeira volta o Perlío caeu derrotado con eles que veñen coa moral polas nubes despois de derrotar ao Neda.
Publica o teu comentario agora