López Pintos (CIG): “Os bancos máis ricos e os parados máis pobres”

López Pintos (CIG): “Os bancos máis ricos e os parados máis pobres”

15 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Delegados-as da Confederación Intersindical Galega pecháronse nas oficinas do INEM da Avenida de Vigo en Ferrol, ás 12 do mediodía, en protesta pola retirada das axudas de 426 € que se viñan pagando ás persoas desempregadas. O secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, encadeuse simbolicamente xunto a outros compañeiros nunha columna da oficina do INEM. Os delegados do sindicato nacionalista encheron o local para protestar, sinala

“Privatízase a saude, os servizos sociais, recúrtanse os dereitos dos traballadores e traballadoras, quitan as pensións e agora elíminase a pequena esmola de 420 euros que se daba aos parados. Unha decisión que levará a moitas familias á miseria, declarou Pintos. 

O sindicalista fixo un chamamento á cidadanía para loitar contra un modelo socioecónomico que só beneficia á gran banca. Afirmou que a CIG ponse ao fronte de todas as mobilizacións para que a clase traballadora poida vivir en dignidade e paz.

Sociedade