As lúas de Guadi Galego

As lúas de Guadi Galego

30 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Guadi Galego, natural de Cedeira, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta “Lúas de outubro e abril” o seu segundo traballo como solista, tras o album Benzón (2009). Guadi foi voz principal e gaiteira de Berrogüetto e participou de Nordestinas, Espido e AcadaCanto.

Preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura, e tamén máis atrevida, máis melódica, pero á vez, máis arriscada. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual co clarinete.

Sociedade