Lúas de mel para todos os petos

Lúas de mel para todos os petos
05 de Xaneiro, 2023 - 01:32 h. | Publicada por Radio Fene

“As vodas e as viaxes de noivos xa non son so no verán, estanse desestacionalizando, como as vacacións que non se collen só en xullo e agosto”. Asegúrao en Radio Fene Ana Rodríguez, responsable da axencia de viaxes Zafiro Tours de Fene, especializada en lúas de mel e viaxes de longa distancia.

ESCOITA O PODCAST:

“Para ir de lúa de mel non hai que ter 6.000 euros, procuramos adaptarnos ás posibilidades dos noivos”, asegura. Iso si, aconsella facer as reservas con tempo. “A venda anticipada é un factor moi importante, sobre todo polas tarifas aéreas”. Tocante aos destinos favoritos dos noivos, hai para todos os gustos.  “Nova York combinado con Caribe segue sendo un produto estrela, tamén tiran moito para destinos exóticos como Tailandia, Vietnam, Cambodia, Bali”. Para viaxar hai moitas opcións. Un destino turístico moi alcanzable é Madeira, di esta experta. “Sorprende pola boa comida que ten. Tamén ofrece natureza, en Funchal hai moito ambiente, iso si non é turismo de praia. “Desde Porto temos moi boas ofertas”, sinala. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora