La fin de la terre

La fin de la terre
13 de Maio, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Galicia protagonizou as sesións culturais que todos os anos organizan en Sainte Maure de Touraine, nas proximidades da cidade francesa de Tours. Instalouse no Château des Rohan unha exposición sobre a tradición, historia, cultura e futuro da comunidade galega e a súa relación con Europa. Houbo tamén música celta e proxección do documentario “Os fios da memoria” na sala Patrice Leconte da localidade. As xornadas desenvolveronse baixo o lema “La Galice et La France, la fin de la terre, un pays celte en Espagne”. Falouse do camiño de Santiago e da memoria histórica democrática coa presentación da banda deseñada "A morte nas fragas". Proxectouse un audiovisual realizado polo Consello da Cultura Galega arredor do presente e do futuro de Galicia. 

Na imaxe, a delegación de Emisoras Municipais Galegas ( Elena Martín, Pablo Santiago, Anxos Garcia Fonte, Henrique Sanfiz, e Carlos Sardiña) co deputado da Asemblea Nacional de Francia Laurent Bamel e a alcaldesa de Sainte-Maure-de-Touraine  Annaïck Richard. Tamén o veciño de Sainte Maure Constantino Rico, natural de Pontedeume, antes de comezar unha das sesións culturais sobre "La Galice et la France". Maio de 2026. Colaborou coa iniciativa a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

 

Cultura

Comentarios

Grazas por un fin de semana marabilloso na túa compañía. Grazas por presentar Galicia aos franceses. E mil grazas por manter viva a memoria da miña familia a través da lembranza histórica. Ata pronto. Franck e Flo
Nome: 
Franck

Publica o teu comentario agora