Labores que admirar

Labores que admirar
28 de Xuño, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Estar vendo a tele sen facer nada é aburridísimo”, opina Juana Vilar, coordinadora das escolas de labores da Asociación Cultural O Tadetas e profesora de bordado. “Ás que nos gustan as labores gústannos practicamente todas”, asegura. “Eu, por exemplo, vou a clase de bolillos como alumna ”. 

ESCOITA O PODCAST:

Unha exposición dos traballos realizados este curso nas clases de bolillos, patchwork e bordado pódese ver esa semana na asociación O Tadetas, no vello parvulario, detrás da Casa da Cultura de Fene. “Mantelerías, colchas, bolsiños, bolas de Nadal, algo de xoiería de bolillos, mantelerías con bolillos e bordado, un pouco de todo”. Algunha das pezas que se expoñen leva todo o ano facela e ata son necesarios dous cursos porque son moi laboriosas. O traballo final, como os labores que se poden ver na exposición, é un estímulo. Pero para as persoas que gozan facendo labores igual de importante é o proceso. “Metade e metade, gústache velo feito pero o proceso é o interesante, escoller o debuxo, a tela, os fíos que podes usar…” Poden admirarse as pezas feitas durante o curso de mata o venres, entre as catro e media e as oito da tarde. No outono comezarán unha nova edición dos cursos de labores do Tadetas. Aos que este ano acudiron principalmente mulleres de mediana idade en diante. So un home se animou este ano a aprender patchwork.

Sociedade

Publica o teu comentario agora