ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Fundación Alexandre Bóveda concedeu o Premio Galiza Mártir ao duo de cantautores da Terra Chá Mini e Mero. "Nós imos montados nun carro, e vós, o noso público, sodes os que tirades del" responderon emocionados os músicos nun acto celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra. "Labrado da miña man, fixen coa miña navalla, un aradiño de pau" reza un poema de Manuel María musicado por Mini e Mero.
Fuxan os ventos creouse en 1972 en Lugo. No ano 1976 editou o seu primeiro disco do mesmo nome que o grupo. Mini e Mero participaron nunha iniciativa musical que despertou moitas conciencias en Galicia e na emigración na década dos anos 70. Xosé Luis Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarro (Mero), adicaronse ademais a investigar o folclore galego e a recoller e divulgar cancións populares. Impulsaron tamén o grupo A Quenlla.