Ladrar por medo

Ladrar por medo
24 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“O medo soe estar en moitas consultas problemáticas dos cans e dos gatos”. Explica a veterinaria experta en comportamento animal Noemí Graña, que resolve consultas da audiencia no espazo Radio Animal.

ESCOITA O PODCAST:

“Cando tiramos da correa se o can ladra ao saír á rúa, o medo empeora”. En resposta a unha pregunta formulada por un ouvinte de Radio Fene, aconsella observar a postura corporal do can. “Cando un can ten medo e ladra o que quere é alonxar o estímulo que lle produce medo, poden ser outros cans, persoas, os coches, iso si habería que tratalo o máis rápido posible”. No caso dun gato que fai pis fóra do areeiro aclarou que o primeiro é comprobar se ten algunha enfermidade. De non ser así, pode ser algo relacionado coa bandexa. Os gatos son limpos e requiren intimidade. Convén revisar se o areeiro é pequeno, debe medir “gato máis medio gato, con cinco centímetros de area sen perfume, colocada en espazos onde non haxa ruídos e limpar varias veces se é posible”, aconsella a veterinaria etóloga. 

Poden trasladar as súas cuestións a Noemí Graña a través de Radio Fene, nas nosas redes sociais, Facebook, X, Instagram e Youtube. Tamén poden enviar preguntas por whatsapp ao 659 193 663, ao correo electrónico noticias@radiofusion.eu ou chamando ao número 981 49 27 73.

Sociedade

Publica o teu comentario agora