ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O encontro non se debera ter xogado. Así opina o técnico do equipo gañador, o Cultural Maniños, porque o balón non se movía e había risco de lesións para as xogadoras.
Unha auténtica lameira foi o campo do Rosalía no último partido que xogou o Cultural Maniños feminino. Un encontro que "non se debera ter xogado" segundo opina Carlos Gómez, técnico do Maniños de Futbol 8. O balón non se movía, non se vían as liñas do campo e non se podía sacar o balón. Todo o que tiñan planeado para ese encontro houbo que descartalo xa no primeiro minuto de xogo, apunta Carlos Gómez, quen lles dixo ás súas xogadoras que se desfixeran do balón. Quizás a veteranía foi o factor que se decantou pola victoria do Maniños neste singular partido que acabou con marcador: Rosalía 0- C. Maniños 4. A próxima xornada o Cebarca visita o campo do Pote, o sabado ás 17,30h. Gómez pretende recuperar polo menos a un par de xogadoras lesionadas.
Publica o teu comentario agora