Lamatumbá e D´callaos actuan xuntos en Pontedeume

Lamatumbá e D´callaos actuan xuntos en Pontedeume

18 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os ourensáns de Lamatumbá actuan o próximo venres 20 de febreiro na Sala Coliseo de Pontedeume. Faranno acompañados dos cataláns D´callaos. A cita ás 22h e a entrada custa 12€.

Tanto os galegos como os cataláns teñen novos traballos que amosar en Pontedeume. Lamatumbá, o seu ultimo disco “Paraugas universal” e os de Tarrasa o seu segundo disco “Desde mi balcón”. Dos primeiros xa sabemos qué música fan, a máis marchosa do folk patrio, a que proporciona o  licor café. Os outros traen a Pontedeume o seu “nu-flamenco” , o flamenco dos 70 facturado en Cataluña.

Os 12 € da entrada incluen unha consumición e a participación no sorteo de 1000 €.

   

Sociedade