Lazos Ferrol sae á rua no Dia de loita contra a Sida

Lazos Ferrol sae á rua no Dia de loita contra a Sida

01 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O 1º de decembro conmemórase o Dia Mundial de loita contra a Sida. En Ferrol o comité Antisida sae á rúa para denunciar que as persoas seropositivas aínda teñen que esconderse no terreo laboral e social. “A invisibilidade forzada é unha condea” é o lema que presidiu a concentración convocada polo Comité Lazos de Ferrol que se celebrou este mediodía na Praza de España. Alí se repartiron preservati

A Casa Solidaria de Ferrol acolle ás 5 desta tarde a presentación do mapa epidemiolóxico autonómico e con datos do programa “Fáite a proba”  que se levou a cabo en Ferrol dende o verán. Amáis dunha charla a cargo dos representates do Comité Antisida, proxectarase ás 6 unha curtametraxe sobre a discriminación dos afectados e acabará todo coa lectura do manifesto deste ano. O Comité deu a coñecer alguns dos datos máis recentes sobre a detección da enfermidade.

Sociedade