ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Na liturxia da misa hai un verso romántico: unha palabra túa abondará para me sanar. Hai moitas cousas con propiedades curativas: a fe para os devotos; a aspirina –de cuxa patente cúmprense 110 anos esta semana- para os acatarrados; e as cancións pop para os melancólicos. Deste último medicamento ten receitas a mancheas Malela, artisticamente coñecida como Le Mot, “a palabra” en francés. Malela formou parte do Xixó
A asturiana sabe que Baltasar Garzón, o xuíz estrela da Audiencia Nacional, non está para bromas agora que ten que aturar as querellas do PP. Tampouco o estaba antes cando Garzón, o grupo con ideoloxía que Malela comparte con Roberto e Pepo, tivo que trocar o seu nome polo de Grande-Marlaska para esquivar a ira do súper-letrado. O trío de pop concienciado aposta pola enerxía veloz, de tal maneira que Le Mot é o reservado que a artista garda para o acougo: ese é o sentimento que domina nas cinco cancións que conforman o pequeno álbum que se pode mercar en trespies.net.