ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pelexaron e non deron o partido por perdido. Na Terceira Galega de Fútbol feminino, Carlos Carballo, Vinky, destacou a bravura das súas xogadoras no partido que disputaron en Cedeira. Discalzas 3-2 Perlío. “Non íamos nas mellores condicións, tiñamos moitas baixas e non puidemos preparalo como nos gustaría”.
“A reacción”, o que máis lle gustou ao técnico do Perlío. “Fixemos un bo partido e merecemos puntuar, diría que mesmo a vitoria”, sostén o técnico do Perlío. Logo dunha primeira parte bastante igualada, que acabou con empate 1-1, o partido púxose costa arriba. “O equipo reaccionou co 3-1, cando máis difícil estaba, no minuto 90 penso que sacamos cinco córners seguidos”. Case sen tempo para tomar folgos, o Perlío prepara a sétima xornada que disputará mañá, nos Pinares, contra o Almeiras.
Publica o teu comentario agora