Lección para o futuro

Lección para o futuro
02 de Febreiro, 2026 - 02:13 h. | Publicada por Radio Fene

Na Preferente Futgal Sigüeiro 3-2 Maniños. Un partido con dúas partes ben diferenciadas. Na segunda parte houbo unha reacción moi boa do Maniños e o  Sigüeiro empezou temer polo resultado, sinala o adestrador Adrián Martínez.

ESCOITA O PODCAST:

“Na primeira parte non estivemos ben, saímos un pouco temerosos, o equipo rival empezou crear situacións de perigo e chegaron os goles”. Laméntase o adestrador do Maniños de que non xogara o equipo coa mesma actitude desde o comezo do partido. Unha lección para o futuro, di.  “Queda un pouco de mágoa por non saír desde o principio con esa actitude. Outra aprendizaxe para o grupo”, conclúe.

Deportes

Publica o teu comentario agora