ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
París é unha festa, pero non todo é alegría nos Xogos Olímpicos. Carolina Marín e Ana Peleteiro. Dúas mulleres, das mellores do mundo nas súas especialidades, pasaron momentos duros nos últimos días. Dalgúns aspectos relacionados cos riscos que asumen as grandes figuras do deporte, como as lesións e a exposición pública á que se ven sometidas, e que poden servir de exemplo para todos nós, falounos esta mañá o psicólogo e adestrador deportivo José Barcia.
Unha inoportuna lesión truncou a participación de Carolina Marín nos Xogos. Para facer fronte a unha decepción tan grande o primeiro é “aceptar que a vida non é xusta nin inxusta, por máis que planifiquemos, a vida ten un certo compoñente de incertísima, hai que aceptalo e adaptarse”, reflexiona Barcia Tuccelli. “Un deportista lesionase, pasa proceso de rehabilitación e volta á competición”. A experiencia previa e o apoio social axudan a superar unha perda importante ou unha crise vital. “A experiencia previa axuda a axustar as expectativas, sabemos que temos ferramentas para saír adiante, sen ela a incerteza pode resultar insoportable”.
Non foi unha lesión senón un mal resultado o que puxo na diana á atleta galega Ana Peleteiro. Ela mesma deu a coñecer que tralo seu sexto posto na final de triplo salto non parou de recibir mensaxes de odio e insultos. Barcia Tuccelli apela á necesidade de empatía. Lembra que ser sexto do mundo “é algo máis que un éxito”. Sinala que nas redes sociais moitas persoas, tamén os deportistas, están sobreexpostas. “Padecemos medallitis, porque se nos educa na busca de resultados no lugar de valorar a mellora, o proceso”.
Publica o teu comentario agora