Leccións do Mundial de Qatar

Leccións do Mundial de Qatar
21 de Decembro, 2022 - 05:39 h. | Publicada por Radio Fene

No Mundial de fútbol de Qatar triunfou a selección de Arxentina. Encheuse de gloria Messi, pero o éxito deportivo non foi quen de apagar a polémica sobe a celebración do Mundial nun país sen liberdade. Falamos deste tema no espazo Vilanova de Radio Fene e tamén da influencia que exercen os medios de comunicación na formación da opinión pública.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Por suposto que levar a Copa do Mundo a un país como Qatar é algo controvertido, pero convén ter en conta que non é un fito histórico, non é a primeira vez que pasa isto, a Copa do Mundo viña de Rusia e tamén alí hai bastante controversia co tema dos dereitos humanos”, lembra o psicólogo José Barcia. “Moitas persoas ás que non lles interesaba o máis mínimo a Copa do Mundo, sen embargo tiñan unha opinión moi fundamentada respecto do feito de que se levara a Qatar”. Débese ao papel que xogan os medios de comunicación, que inciden na opinión pública ao enfatizar algúns temas ou non segundo o país do que se trate. Destacou a capacidade que ten o deporte na cohesión social, como se puido ver nas celebracións na Arxentina e tamén en Marrocos. “O deporte está cargado de valores importantes, mesmo o de competición, non hai que demonizalo”. Hai quen defende que o deporte debera ser sempre amateur. Sen pensar nas consecuencias. Erradicar o deporte profesional faría que só as persoas ricas se poderían permitir dedicarlle o tempo necesario aos adestramentos. E falou de como é posible aproveitar o deporte para fomentar valores na educación da rapazada. Pódeselles ensinar o “que poden copiar e que non dos grandes ídolos do deporte”. “A perseveranza de xogadores como Messi ou o esforzo de moitas estrelas do fútbol que son de orixe humilde”. “Gañou Arxentina, un país no que o fútbol vívese de maneira moi intensa, se fora Francia a campioa, sen dúbida, tería outro xeito de festexalo, pero non sería mellor nin tampouco peor, so sería diferente” 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora