Lecer para xente nova

Lecer para xente nova
22 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Acaba o curso pero non a oferta de actividades da concellería de Benestar de Fene. A pedagoga municipal María Xosé Paz informou en Radio Fene de dúas propostas lúdicas e educativas gratuítas que terán lugar a semana vindeira. O prazo de inscrición permanece aberto.

 

ESCOITA O PODCAST:

Ocio Verán ofrece actividades lúdicas para clausurar o programa Refórzate que se desenvolveu durante todo o curso escolar en horario de tarde. Dirixido a nenos e nenas de 9 a 16 anos. En Fene terá lugar os días 25 e 27 xuño, de 10 a 14, no CPI A Xunqueira, onde se realizarán obradoiros deportivos e creativos, xogos ao aire libre, actividades de coñecemento da natureza e fotografia.

Ademais, o programa Revolution Xuventude ofrece unha acampada que terá lugar entre os días 27 e 28 de xuño nas instalacións da asociación O Pote, en Maniños. Actividade dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre 14 e 18 anos. O prazo para a inscrición péchase o martes, día 25.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora