ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O parque da Galaxia imaxinaria de Fene encheuse esta mañá de ledicia. Coa lectura dun manifesto e soprado dunha simbólica vela nunha torta de cumpreanos, as alumnas de ximnasia contra a fatiga oncolóxica de Fene celebraron o seu primeiro aniversario. Unha actividade, organizada polo Concello de Fene para paliar o cansancio provocado polo tratamento do cancro. Esta simbólica celebración serve para difundir as bondades desta actividade e animar ao resto de persoas que
As alumnas do curso de ximnasia contra a fatiga oncolóxica de Fene (A Coruña) manifestaron esta mañá a ledicia e satisfacción que lles produciu participar nesta actividade. Unha ferramenta que lles achegou axuda física e psicolóxica para mirar ao futuro con optimismo. Unha das participantes no curso, Rosa Graña, destacou a gran labor do profesor José Barcia, quen lles infundiu folgos e unha nova perspectiva para afrontar esta doenza.
Chámome Belén, Isabel, Rosa, Maruxa, HERMINIA ...
Comezaba así o manifesto que elaboraron, un texto de esperanza, de loita e de optimismo. As súas palabras emocionaron e desataron as bágoas e as apertas entre estas mulleres exemplares. Un primeiro ano pero ao que lles seguirán moitos máis, berraron ao unísono todas.