ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ata o 2018 os empregados públicos de Galicia non recuperarán a totalidade das pagas extraordinarias recortadas no 2012 nun trinta por cento de promedio. Establecese así no texto da Lei de Emprego Público de Galicia. O Parlamento debate e vota este mediodia o texto lexislativo. Os representantes dos traballadores critican a continuidade dos recortes sociais, mentras o goberno non para de anunciar a recuperación económica. A medida afecta a cento vinte mil empregados
Para a Confederación Intersindical Galega, a nova lei “nin promoverá a creación de emprego público”, nin posibilitará a recuperación dos dereitos das e dos traballadores, nin favorecerá a defensa dos servizos públicos.
A Área Pública da CIG posicionouse en todo o proceso de debate do proxecto de lei de Emprego Público en contra, por considerar que se trata, en realidade, dunha nova Lei de Función Pública Galega pero que non contempla o dereito á negociación colectiva nas administracións públicas; non recolle a recuperación dos dereitos laborais e económicos substraídos aos traballadores e traballadoras das administracións públicas; non promove a recuperación do emprego público en Galiza e tampouco recolle a defensa dos servizos públicos.
Moi ao contrario, a central nacionalista denuncia que esta Lei posibilitará “impulsar o desmantelmamento dos servizos públicos e camiñar cara unha administración totalmente dixital, onde desaparecerá a necesaria independencia dos empregados/as públicos/as no desempeño das súas tarefas”.