Lei e okupas

Lei e okupas
22 de Decembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Que facer se me entran okupas na casa? O aviso dun veciño pode resultar fundamental para resolver o problema. “Se se actúa con celeridade pode ser automático, pero non adoita ser o caso”, segundo explicou en Radio Fene a avogada María Álvarez Real.

ESCOITA O PODCAST:

Se descubrimos que alguén quere okupar unha propiedade nosa “o máis importante é chamar á Policía, que nese caso pode proceder automaticamente ao desafiuzamento”. No caso de ter que acudir á Xustiza, “o crucial é chamar á Policía e reunir probas”. Tamén as comunidades de propietarios poden tomar medidas. Poden presentar unha demanda por ruídos ou actividades molestas. 

Pechar sempre a porta da casa, estar en contacto cos veciños para que recoñezan cando hai alguén alleo e non informar das nosas ausencias a través das redes sociais, son recomendacións da letrada para previr as okupacións.

Sociedade

Publica o teu comentario agora