Leiceaga gaña as primarias e será o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta

Leiceaga gaña as primarias e será o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta

29 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Xoaquín Fernández Leiceaga foi elixido candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta no proceso interno que celebraron os socialistas galegos para elixir o seu cabeza de cartel nas eleccións de Outono, a falta do reconto total dos apoios, aínda que ambas as candidaturas xa recoñecen a vitoria para o economista noiés. As cifrans dan 3662 votos para Leiceaga fronte a 2976 do actual voceiro parlamentar José Luís Mëndez Romeu.

A vitoria de Leiceaga sustentase no seu triunfo nas pequenas agrupacións socialistas das zonas rurais de Lugo e A Coruña. En Vigo pola contra venceu Mëndez Romeu. Tiñan dereito a voto 10376 persoas coas cuotas ao dia do PSdeG PSOE.

Na campaña electoral das primarias Leiceaga puxo en primeiro plano a necesidade das forzas de esquerda de entenderse para construir un goberno alternativo ao do PP. Mëndez Romeu pola contra, poñía o acento na súa oposición a chegar a un acordo con En Marea, á luz dos resultados dos acordos municipais para elexir alcalde das mareas en A Coruña, Santiago e Ferrol.
Sociedade