Lela, Lela, Leliña por quen eu morro....

Lela, Lela, Leliña por quen eu morro....
26 de Novembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Queridos oíntes... ola... aquí tedes o terceiro capítulo deste podcast no que queremos render tributo a Alfonso Daniel Rodriguez Castelao e á súa obra "Os vellos non deben de namorarse".  

 

ESCOITA O PODCAST:

Seguimos na vila da botica... imaxinen vostedes: Saturio cos cóbados fincados no mostrador mirando as costas de Lela como marchan pola porta. 

O boticario fica só, ledo coma un cuco, refregándose as mans de contentamento.

“Esta rapaza non é unha tola, non. E seméllame que lle acomodo... Ela quere casar cun home maduro e deitarse en sabas de bo liño. Ten talento. 

E ti, Saturio, casarías con Lela?"

Un equipo técnico e artístico de máis de vinte persoas danlle vida a este guión de Antonio Tizón que dirixe Eugenia Sanmartín e ao que pon música e banda sonora Antón Ramos.

Fotografía:  XanXe (Rogelio Arias Sanmartín no papel da Morte)

Cultura

Publica o teu comentario agora