ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cita en Sillobre esta fin de semana. O X Encontro de Lavandeiras celébrase o sábado, día 3 de maio. Eva Fraga e Iria Flavia Fraga, da Asociación Agarimo, xunto coa concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, falaron da celebración en Radio Fene.
As lavandeiras de Sillobre tiñan moita sona na contorna. Na parroquia levan dez anos conservando a memoria destas esforzadas traballadoras que tiñan no lavado de roupa un medio de vida. O Encontro de Lavandeiras ten cada vez máis apoio na veciñanza da parroquia que está implicada nos preparativos. As numerosas actividades programadas durante todo o día darán comezo ás once da mañá coa proxección da curtametraxe “A cultura da auga: as lavandeiras”, na sala de exposicións de Agarimo. Tamén hai prevista unha saída en lancha pola ría, con saída ás 12 do peirao de Perlío. Obradoiros, actuacións musicais e un xantar popular son outras actividades incluídas no programa do X Encontro de Lavandeiras de Sillobre.
Publica o teu comentario agora