Lembrando a botadura do Arteaga

Lembrando a botadura do Arteaga
20 de Setembro, 2022 - 01:09 h. | Publicada por Radio Fene

Co relatorio “A tecnoloxía na botadura: 50 anos do Arteaga”, a cargo do enxeñeiro naval e oceánico Raúl Villa Caro, comeza este xoves o ciclo Contando Ciencia, organizado pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene coa colaboración da Concellería de Ensino do Concello de Fene. A charla comezará ás 19.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22). Entrada de balde até completar o aforo.

Raul Villa

Licenciado en Mariña Civil (sección náutica) pola Universidade do País Vasco, capitán da mariña mercante, enxeñeiro técnico naval, enxeñeiro naval e oceánico, doutor en enxeñería naval e oceánica, Raúl Villa Caro é profesor asociado da Universidade da Coruña e imparte docencia na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Ciencias do Traballo. A maiores da súa actividade docente e investigadora, reflectida en 150 publicacións repartidas entre libros, artigos en revistas científicas e relatorios en congresos, exerce a súa actividade profesional na Ingeniería de Construcciones de Buques (Arsenal de Ferrol) como xefe de enxeñería de plataforma.

Institucional

Publica o teu comentario agora