Lembrando o 14 de abril de 1931

Lembrando o 14 de abril de 1931

09 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O 14 de abril de 1931 viviuse unha xornada de festa, rexouba e esperanza. A ilusión e o entusiasmo pola caida da monarquia e pola chegada dun novo réxime encheu de ledicia e rexouba ás manifestacións populares que recibían á II República. O vindeiro martes organízanse actos conmemorativos daquela data en Culleredo e na Coruña.

Ese día  levaráse a cabo a entrega dos premios do X certame literario “Suárez Ferrín” así como o acto da entrega da medalla de ouro a D. Antonio Campos Romay, presidente fundador da fundación Instituto de Estudios Económicos e Sociais (IEPS). Os actos comezarán as 18:00 horas coa ofrenda floral no monumento Guernica, na Praza de Galicia ubicada no Burgo (Culleredo). ÁS 19:00 horas, o concelleiro de cultura e actual presidente da fundación IEPS D. Celestino Poza acompañado pola familia do Sr. Suárez Ferrín e demais persoalidades e convidados, ofrecerá a ofrenda floral ó busto do alcalde republicano asesinado en 1936 nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña.  Ás 20:00 horas faráse a entrega do X galardón do Certame Literario Xuvenil “Súarez Ferrín” que está patrocinado polo concello de Culleredo. Este acto será na Casa Museo Casares Quiroga que se atopa na rúa Panaderas, 12. No mesmo acto  Antonio Campos, faranos cavilar coa súa conferencia “Reflexións ao redor do 14 de abril”.Ó remate da conferencia o presidente da fundación IEPS dende o mes de febreiro deste ano Celestino Poza, procederá á entrega a Antonio Campos Romay a Medalla de Ouro da fundación como recoñecemento á súa labor de presidente fundador do IEPS no ano 1997. ÁS 22:00 horas poñeráse o broche final cunha cea ofrecida polo patronato da fundación a Campos Romay que se celebrará no Hotel Riazor. Ó acto acudirán entre outros o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán , o que fora alcalde da Coruña no ano 1979,  Domingo Merino, os literatos, Luis Lamela e Xavier Alcalá. Os veciños de Culleredo están convidados a todolos actos, se queren acudir a cea no Hotel Riazor deberán confirmar á súa asistencia no telf. 981-927-175. O prezo da cea é de 30 euros.

Institucional