A lembranza, a diferenza e a muller protagonistas do “Inverno de Cine”

A lembranza, a diferenza e a muller protagonistas do “Inverno de Cine”

19 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O ciclo "Inverno de Cine" retómase mañá nos Cines Dúplex coa proxección da película “ Arrebato” de Iván Zulueta e a curta “ La cabina” de Antonio Mercero. Unha iniciativa promovida polo Concello de Ferrol enque realiza en colaboración coa Universidade de A Coruña. Dirixido por Rubén Coca e Pablo Portero, esta actividade, o ciclo aposta por un cine de calidade e alternativo ao que se exhibe nas salas comer

Esta aposta polo cine responde a varios obxectivos segundo afirmou esta mañá en Radiofusión, o ferrolán Rubén Coca. Reivindicar o cinema e o derradeiro cine da cidade, os Dúplex. Ademais búscase a promoción dos realizadores galegos e dos filmes que se afastan dos circuítos comerciais.

Inverno de Cine” prolongarase ata o mes de marzo.“Lembranza” dá nome á programación do mes de xaneiro e adicarase a directores e actores xa finados. Renderase unha merecida homenaxe a Antonio Mercero e Chano Piñeiro, coas proxeccións das súas curtametraxes máis emblemáticas: La Cabina e Mamasunción, respectivamente. Como pratos fortes figura “Arrebato”, de Iván Zulueta, e “Mi noche con Maud”, de Éric Rohmer.  

Baixo o epígrafe “Diferentes” englóbase a programación de febreiro e incluirá catro semanas de cinema arredor da diferencia e do estrano. Poderanse ver curtametraxes galegas que xa son historia do audiovisual do nosos país, como “Minotauromaquia”, de Juan Pablo Etcheverry, “Os Crebinsky”, de Enrique Otero ou “A nena que tiña unha soa orella”, de Álvaro León e Rubén Coca.

As mulleres serán as protagonistas do mes de marzo coa proxección de curtas galegas dirixidas ou protagonizadas por mulleres. Destaca “La Valiente”, da directora ferrolana Isabel Ayguavives. En canto ás longametraxes, pasarase a maxistral “Persona”, de Ingmar Bergman ou “Dancer in the the dark”, de Lars Von Trier. Tamén se inclúe traballos de Woody Allen, Sofía Coppola e Godard. Un traballo de selección nada doado para satisfacer a todo tipo de público, afirmou Rubén Coca. 

“La cabina” de Antonio Mercero e “ Arrebato” de Iván Zulueta son as proxeccións que abren mañá esta nova tempada. Será ás oito e media nos Cines Dúplex de esteiro, con entrada de balde. 

Cultura