As lembranzas da cidade de Istambul

As lembranzas da cidade de Istambul

18 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Editorial Galaxia ven de publicar a traducción ao galego da obra do Premio Nobel de Literatura 2006 Orhan Pamuk Istambul. As lembranzas e a cidade. Para o escritor turco, a memoria está indisolublemente unida á cidade de nacencia.

Neste libro, abre perante os lectores o seu álbum familiar, o da súa infancia e dos anos de aprendizaxe. Del xorde unha Istambul distinta, íntima mais tamén exótica: a das mansións en ruínas dos paxás e os vellos transbordadores do Bósforo, a das ruelas e os barrios da periferia, a da melancolía. Unha alquimia entre memoria e literatura que desvela pouco a pouco a auténtica patria do escritor.
Cultura