Lembranzas de Bastiagueiro

Lembranzas de Bastiagueiro
25 de Maio, 2022 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

María Casares naceu na Coruña en 1922. Pasou a súa infancia na vivenda familiar da rúa Panadeiras. Pero nos veráns ía a Montrove en Oleiros. Gardaba lembranzas marabillosas da praia de Bastiagueiro. O que máis lle gustaba á nena María Casares era estar co seu pai Santiago Casares Quiroga.

ESCOITA O PODCAST:
Vicky Sas, unha das participantes no podcast "María Casares. Eu son do océano"

O podcast “María Casares. Eu son do océano” pódese escoitar todos os dias as nove da mañá e as nove da noite en Radio Fene. Tamén na web radiofusion.gal. Unha produción de Son Radiofusión coa colaboración da Deputación de A Coruña. 

Cultura

Publica o teu comentario agora