Lena, a solidaridade transoceánica

Lena, a solidaridade transoceánica

07 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A ONG Lena, é unha organización non gubernamental que naceu en Narón (A Coruña) no ano 2006, ao redor do grupo de baile tradicional Alxibeira e froito da sua participación nun festival de Folcklore celebrado Sao Paulo – Brasil-, un festival apoiado pola Unesco. Voltaron daló impactados por un grupo de nenos polos que sentiron unha grande empatía.

 Aí naceu este proxecto solidario que preside Mercedes Taibo e do que Luciano Fernandez é membro fundador e vocal da directiva.  LENA colabora dende hai catro anos no proxecto educativo da Ong “ Graos de Luz”, enviando recursos xenerados pola ONG naronesa a este lugar remoto, Lençois, case virxe do Estado de Bahía, a 430 Km de Salvador, onde o 94% da poboación son afro- brasileiros. Neste lugar houbo minas de diamantes e os seus habitantes foron exclavos que traballaron nelas. Desaparecidas en 1984, cando xa non eran rendibles para os explotadores, quedaron sen nada e cunhas bolsas de pobreza moi graves.
 
Para aló van as axudas que LENA envía dende Narón. A presidenta da ONG Mercedes Taibo explicou algunhas das actividades que desenvolven ao longo do ano, como iniciativas de promoción do comercio xusto e de consumo responsable. Participan ademais na campaña de pobreza cero e colaboran coa Rede Social de Ferrolterra. O cantante ferrolán Marcos Mella, é o autor da canción "El futuro nace hoy", que el mesmo compuxo e grabou - contando con importantes colaboracións- para doar os dereitos á ONG Lena. Todos e todas podemos colaborar.  

Sociedade