Lenda precisa 130.000 euros para poñer en marcha un centro ocupacional.

Lenda precisa 130.000 euros para poñer en marcha un centro ocupacional.

19 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A asociación de familiares e enfermos mentais Lenda está a traballar na creación de novos servizos que atendan aos usuarios do centro. O obxectivo é poñer en marcha nunha antiga fábrica de camisas na rúa Prego de Montaos un centro de formación ocupacional que atendería a un total de 15 persoas. O investimento preciso para renovar o local ascende a 130.000 euros polo que están a negociar con diferentes entidades públicas e pri

Jaime Figueroa, monitor do centro, entende que dado o servizo que presta Lenda, onde se atende enfermos mentais da zona sur da provincia faise imprescindible “ampliar a área ocupacional que mellora notablemente a rehabilitación e integración social do enfermo”.

Un proxecto que o centro daba a coñecer no transcurso da sinatura do convenio que anualmente formalizan coa administración local. 8.000 euros procedentes das arcas municipais que lles permiten xestionar e mellorar o servizo “aínda que maioritariamente se inviste no aluguer do centro de rehabilitación”.

Unha labor que loubaba o concelleiro Carlos Pazos, quen recoñecía que a colaboración económica por parte do concello “é unha obriga real e moral, xa que Lenda está a cubrir unha función social que debería prestar a administración”

Figueroa afirmou que nos últimos tres anos e medio, e coincidindo coa chegada á Xunta do bipartito, por primeira vez nos 15 anos de historia do Centro de rehabilitación logrouse unha relación de colaboración co goberno galego que lles permite ter unha certa estabilidade económica.

Saharauis

 Por outra banda asinouse tamén un convenio de colaboración coa asociación “Solidariedade galega co Pobo Saharaui” que ascende a 13.000,00 euros e ten por obxecto regular o desenvolvemento do programa “Vacacións en Paz 2009” durante os dous meses de verán (xullo e agosto). Un programa que permite o traslado e estadía en Redondela en réxime de acollida de nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados no Sahara.

Sociedade