ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nas pezas de Moura, o Dentón e a Maruxaina volven a ser protagonistas nas súas letras, como antonte nas vidas cotiás dos antergos.
Psicodelizar a Ronda das Mafarricas foi o punto de partida para que Moura empezara a facer a súa música en galego. O rock progresivo e a psicodelia son as ferramentas coas que Moura se presenta no escenario, e faino mesturando a herdanza druídica da nosa cultura, os mitos, os ritos e a mitoloxía pagáns da nosa cultura.
Moura son Diego Veiga, Hugo Santeiro, Fernando Vilaboy, Brais do Rei , Pedro Alberte Aguado e Belém Tajes e iniciaron a súa andaina no 2014. O ano pasado recibiron o recoñecemento dun Premio Martín Códax máis que merecido.
“Fume Santo de Loureiro” é o seu último disco, un traballo fabuloso que vai a enfeitizarvos de principio a fin, un auténtico feitizo de Moura.
Fotografía: @leolopezfoto
Publica o teu comentario agora