ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Non só se le nos libros, tamén na vida" afirmou o membro da Real Academia Galega Xosé Luís Axeitos no acto de presentación da obra de Antonio Tizón "Lobos doentes". O presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira interveu realizando unha viaxe imaxinaria por outras obras da literatura galega. A actriz Eugenia Sanmartín interpretou un fragmento da próxima obra do escritor de Aranga denominada "A matriarca". Celebrouse a xornada no marco da adega Algueira en Doade (Sober) o sábado 11 de marzo de 2023.
Son Radiofusión produciu o pódcast "Lobos doentes" en 2022 contando coa colaboración da Deputación de A Coruña. Máis de trinta actores e actrices profesionais e afeccionados participaron nos 82 capítulos nos que se dividiu a obra. A novela negra en forma de libro saíu do prelo neste 2023 da man de Edicións Xerais.
O podcast de A matriarca “O caso de Ramiro Gallego” é a quinta e última entrega da serie Sánchez Pereiro, que está a producir Son Radiofusión durante os últimos anos, dende a publicación da primeira obra da pentaloxía, A antesala luminosa (Xerais, 2015). Unha pentaloxía de novela negra e saúde mental, conformada, ademais, por Un home estraño, VI Premio Internacional de Narración Curta Cidade Centenaria de Ribeira (Xerais, 2018), Os incurábeis (Xerais, 2020), Lobos doentes (Xerais, 2023), e A matriarca, aínda en proceso de elaboración. Por primeira vez, Antonio Tizón, o autor, acometerá antes a escritura do podcast ca a da novela. Trátase, en definitiva, dun proxecto de cinco obras, escritas e publicadas como novelas e adaptadas despois á linguaxe radiofónica para adoptar o formato podcast, un caso inédito ata agora na historia da narrativa galega.
Fotografía: Antón Ramos
Publica o teu comentario agora