Lento, grave e sereo como o sol

Lento, grave e sereo como o sol
16 de Agosto, 2019 - 08:21 h. | Publicada por Radio Culleredo

Xa non queda no mundo festa que se asemelle ao San Roque de Betanzos dicía en 1952 Álvaro Cunqueiro. O escritor de Mondoñedo pasmaba de admiración cando vía ascender no ceo betanceiro o gran globo ritual: lento, grave, sereo coma un sol. O momento producirase de novo ás doce desta noite.

En Betanzos tamén se celebran os Caneiros os dias 18 e 25 de agosto

O globo de Betanzos ascende, pleno de luz, rodeado polo brillante clangor das claras bengalas: unha gran rosa luminosa que, por breves horas, florece na cintura escura da terra. Botado o globo ao ar e á noite, a familia Pita recibe as felicitacións de rigor. Eles gardan o secreto do seu rotundo aeróstato. Cunqueiro falaba tamén do viño de Betanzos, bulicioso e alegre, fresco e namorado compañeiro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora