Les Luthiers regresan a Galicia con “Lutherapia”

Les Luthiers regresan a Galicia con “Lutherapia”

25 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O grupo arxentino Les Luthiers presentará en Galicia o seu novo e exitoso espectáculo, “Lutherapia”, despois de tres anos da súa última actuación na nosa terra. Realizarán cinco únicas funcións no novo Palacio de Congresos Mar de Vigo, entre o 20 e o 24 de marzo, logo de actuar en A Coruña.

Éxito absoluto de crítica e público en Latinoamérica, “Lutherapia” demostra a vixencia e capacidade de renovación de Les Luthiers, creador dunha escola de humor seguida por moitos artistas ao longo do mundo.
 
Baseada nunha hilarante sesión de psicoanálise, Lutherapia está composto por dez obras novas, entre as que se inclúen títulos como El cruzado, El arcángel y la harpía (Opereta Medieval), Las bodas del Rey Pólipo (Marcha prenupcial), El flautista y las ratas (Orratorio), Aria Agraria (Tarareo Conceptual) e El día del final (Exorcismo Sinfónico-Coral). Como é habitual, preséntanse instrumentos informais novos como a Exorcítara, o Bolarmonio e o Thonet.

Lutherapia é o espectáculo número 33 de Les Luthiers, que o ano próximo cumprirá 45 anos de traxectoria. Recentemente, o grupo foi galardoado cun Premio Grammy á Excelencia Musical.

Antes de actuar en A Coruña e en Vigo, Les Luthiers presentará “Lutherapia” por primeira vez en España no novo Palacio de Congresos Ciudad de Oviedo, obra do arquitecto Santiago Calatrava, entre o 8 e o 11 de marzo.

Les Luthiers está formado por Marcos Mundstock, Carlos López Puccio, Jorge Maronna, Carlos Núñez Cortés y Daniel Rabinovich.

Sociedade