ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A xogadora do Maniños Lucia Seoane “Capi” resultou lesionada de importancia no partido que o equipo de Fene disputou fronte ao Xallas o pasado sábado. Lucia fracturou a tibia e o peroné. Unha ambulancia desprazouse ata o campo e retirou á xogadora que permanece ingresada nun centro hospitalario de Santiago de Compostela.
Tras a lesión, o Cultural Maniños decidiu retirarse e non xogar os quince minutos que quedaban do partido, segundo declarou a Radio Fene a adestradora Noelia Leiras. O acta arbitral recolle un resultado final de Xallas 1 - 0 Maniños. O encontro da Segunda División Galega de fútbol feminino (Grupo 1) celebrouse no campo da Fontenla en Santa Comba.
“Iamos ao partido moi motivadas, tras a vitoria da xornada anterior pero na primeira parte un mal entendemento na defensa, permite o gol do segundo clasificado” indica Noelia. “Saímos do descanso, moi motivadas, e nun despexe Lucía quedou coa perna clavada e xa vimos na cara que se trataba dunha lesión grave, chamamos a ambulancia, atendeuna unha xogadora do Xallas que é enfermeira pero tivo que esperar no vestiario. Trasladárona a Santiago onde lle colocaron o nocello, van agardar para operala ata o xoves ou venres. “Foi un golpe duro pero lle trasladamos todo o apoio do club” conclúe a técnica.
Imaxe: Lucía Seoane "Capi" en Radio Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora