Lesións estresantes

Lesións estresantes
24 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Lesións deportivas e problemas de saúde poden causar estres. No espazo Vilanova de Radio Fene falamos co psicólogo e adestrador físico do estres que poden sentir as persoas lesionadas.

ESCOITA O PODCAST:

“Non  saber que nos pasou, porque o descoñecemento dá pé á dramatización, a incerteza referida ao proceso para saber como podemos reverter esta situación e a percepción de falta de control, que causa indefensión e xera bastante sufrimento”, son tres factores que provocan estres ás persoas lesionadas. 

Nos procesos de rehabilitación é importante cumprir o tratamento tal como nos recomendaron, nin máis nin menos, advertiu Barcia Tuccelli. Destacou a importancia de que os profesionais sanitarios non contaxien desánimo aos pacientes. Axuda tamén que haxa un criterio único e que nos vaian marcando obxectivos. “Dá tranquilidade”, explicou o especialista.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora