Letras cociñadas

Letras cociñadas

30 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A escritora Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas presentan mañá na Feira do Libro de Vigo o libro “Cociñando ao pé de letra”. Publicado pola editorial Galaxia, trátase dunha orixinal proposta, a mediocamiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas. Unha publicación que demostra que todo po

En palabras de Yolanda Castaño: “Vinte e unha escritoras e escritores galegos, coa máxima
diversidade en canto a sexo e xeración, xénero literario e ata zona xeográfica. Homes e mozas,
rapaces, señoras, da aldea, na cidade, na costa, do interior. Son algunhas das máis representativas
e puxantes voces das nosas letras actuais. Autoras de ensaio e de literatura dramática, na -
rradores, poetas, cultivadores de literatura infantil e xuvenil. Unha variada riqueza a través de
ollos multiplicados, a través de perspectivas o suficientemente plurais”.

Os escritores e escritoras que cociñaron para nós neste libro foron Anxos Sumai,
Helena Villar Janeiro, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros, Lupe
Gómez, Fina Casalderrey, Xavier Rodríguez Baixeras, Marga do Val, Xabier P.
Docampo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Chus Pato, Xavier Castro, Xabier Cordal, Lucía
Aldao, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Cándido Pazó, María Reimóndez, Antón
Lopo e Manuel Lourenzo.

Cultura