ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O mundo da cultura galega está de loito polo pasamento de Dora Vázquez (1913-2010) o pasado xoves aos 97 anos de idade, e será enterrada este sábado, no cemiterio de San Francisco de Ourense, informa a Asociación de Escrtitores en Lingua Galega. Foi autora de varios libros de poesía xunto á súa irmá, a tamén falecida Pura Vázquez, como As Pontes do Amor e de numerosos libros de literatura infantil. Así mesmo, a
A Deputación Provincial de Ourense chegou a crear un Premio de Narrativa e Ilustración Infantil e Xuvenil co nome de Pura e Dora Vázquez ,en honor ás irmás, co obxectivo de renderlles homenaxe e recoñecer a súa traxectoria no mundo da cultura ourensana. Entre as obras de Dora Vázquez máis coñecidas destaca Viaxe ó país dos contos e da poesía, do ano 1985 ou Soñando con Ourense (1995).
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, expresou hoxe o seu pesar polo falecemento da escritora ourensá Dora Vázquez, de quen resaltou o extraordinario valor da súa obra, reflexo, dixo, de toda unha vida dedicada á literatura.
O mandatario galego quixo trasladar as súas condolencias e o “fondo pesar” de toda a sociedade galega pola perda dunha autora que “será recordada sempre a través de cada liña e cada verso cos que nos deleitou nos seus libros” que son, engadiu, “o seu mellor legado”, e a fixeron merecedora de numerosos recoñecementos.