As letras galegas vestíronse de gala en Lugo

As letras galegas vestíronse de gala en Lugo

10 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

"Confío máis nas miñas traducións que nas obras propias" confesou o escritor Darío Xohan Cabana tras recibir o premio AELG 2015 pola súa tradución de A Divina Comedia de Dante Alighieri. No acto, celebrado na tarde noite de onte no Círculo das Artes de Lugo, o brasileiro Luiz Ruffato recibiu o nomeamento como Escritor Galego Universal, e confesou a súa sorpresa ao chegar a Galicia hai dez anos "xa que cría que o galego era

Agustín Fernández Paz, coa súa novela A viaxe de Gagarin (Edicións Xerais de Galicia) e Eva Veiga, coa obra A distancia do tambor (Espiral Maior) foron os premiados pola Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG) nas categorías de Narrativa e Poesía, respectivamente.
A AELG celebrou onte a XVI edición dos seus premios no Círculo dás Artes de Lugo e seleccionou as obras gañadoras entre 31 finalistas nas distintas categorías.
Trátase dos premios á mellor obra publicada en 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infantil e xuvenil e traxectoria xornalística.
Nestas dúas últimas categorías participaron na elección a Asociación galega do libro infantil e xuvenil (GÁLIX) e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Na categoría de Blog literario logrou o galardón Caderno dá crítica, de Ramón Nicolás (http://cadernodacritica.blogaliza.org/), mentres que en Ensaio, a AELG distinguiu a obra Galiza, um povo sentimental? Xénero, política e cultura non imaginário nacional galego, de Helena Miguélez-Carballeira (Através Editora).
En canto á categoría Literatura Infanto-Xuvenil a vencedora foi Penúltimas tendencias, de Carlos Negro (Edicións Xerais de Galicia) e en Teatro o xurado elixiu Obras completas. Volume IV, de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas).
Na categoría de Tradución, a obra gañadora foi A Divina Comedia, de Dante Alighieri, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa) e Montse Dopico impúxose na categoría de Xornalismo Cultural.
Ademais destas categorías, na gala entregáronse os Premios AELG 2015 "Institucións Culturais" ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e á Asociación de Medios en Galego.
Ademais, fíxose entrega da distinción "Bos e Xenerosos" a Margarita Ledo Andión, Manuel Lombao, Tareixa Navaza e a Xosé María García Palmeiro.
Premio “Mestras-es da Memoria” 2015
A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concedeu nesta ocasión a Josefa Arias e Emilio do Pando, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional. O fillo de Josefa Arias recolleu o premio e recitou emocionado un poema a Santaballa da autoría do seu tío. 
Escritor Galego Universal 2015
O escritor Luiz Ruffato recibiu o galardón como Escritor Galego Universal, premio que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. Con este nomeamento Ruffato súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge e Bernardo Atxaga
Sociedade