ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
«Os viños, eses produtos da nossa terra que alegram os nossos coraçons e levam polo mundo o nosso nome» afirmaba Ricardo Carvalho Calero no pregón da Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia en 1980. Adegas Algueira participa a vindeira semana no mercado do viño de Burdeos. Hoxe os viños galegos compiten en calidade cos de calquera parte do mundo. Elevase o prezo da botella e liderase a vangarda do sector. Iso vai en paralelo coa recuperación das castes autóctonas, ancestrais, enraizadas no territorio. Entre elas sobresae unha das máis xenuínas, a branca lexítima, unha variedade que fora perdendo terreo desde comezos do século XX. Agora ofrece todo o seu potencial nas terras de Betanzos, Navia e Barbanza-Iria. Pero tamén en Esmelle (Ferrol) e na Ribeira Sacra. Un viño da máxima expresión.

Os adegueiros coinciden en debuxar un futuro esplendoroso para o viño: «Hai que buscar caldos aromáticos, con elegancia, con sutileza, con personalidade porque o viño é o reflexo da paisaxe» indica Fernando González de Adegas Algueira, quen rexenta un restaurante en Doade (Sober. Noutras zonas no mundo do viño entraron grandes grupos inversores. El recibe excursións aos que lles ofrece catas guiadas e camiñadas polas viñas da Ribeira Sacra, unha zona cunha viticultura humana.
Coa entrada do século XXI, múltiples adegueiros esfórzanse por recuperar terras para elaborar viños con potencialidade e personalidade, caldos que poden competir en calquera mercado do mundo. O clima e o terreo ofrecen condicións óptimas.
Na imaxe, Fernando González de Adegas Algueira na viñoteca Vide Vide de Santiago de Compostela
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora