Levantar o voo

Levantar o voo
19 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Zona perigosa para o Maniños na Segunda División Galega Feminina. Maniños 0-2 Tordoia. Plantou cara a un equipo moi ben ordenado que xoga ben, destaca a adestradora Noelia Leiras dun partido que xa se sabía difícil. 

ESCOITA O PODCAST:

“Sabíamos que ía ser un partido complicado porque elas levan arriba durante toda a Liga arriba, dominamos na primeira parte, pero houbo pouca definición e perdoamos moito”, relata Noelia. Con este resultado, o Maniños situase primeiras de descenso, empatadas a puntos co próximo rival, o Almeiras, que vai un posto por diante. “Toca traballar duro esta semana, ganar non garante nada pero se perdemos alonxaríanse catro puntos e xa non dependeríamos so de nós”. “Vai ser complicado porque somos dous equipos loitando pola permanencia, pero estou segura de que podemos”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora