Levou unha quenta

Levou unha quenta
11 de Marzo, 2024 - 10:40 h. | Publicada por Radio Fene

 O Olímpico de Rutis  levou unha quenta, un castigo físico do Maniños. Pero no minuto 73 expulsaron a un xogador do equipo visitante e no 79 marcou o conxunto de Vilaboa. “Quedamos moi condicionados ao quedar con menos efectivos, pero aínda así xene ramos ocasións, houbo un posible penalti” indica o adestrador do equipo do Pote Adrián Martínez. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martínez:

http://173.255.131.18/audio/110324MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

Olímpico 1-0 Maniños, derrota do Maniños ante o Olímpico en Vilaboa (Culleredo) Os brancos son quintos con corenta e tres puntos, pero a só un da terceira praza que da dereito a xogar a promoción de ascenso.  Xa ninguén disimula en Maniños. “Ninguén se esperaba esta situación a comezos da competición, pero agora temos que acabar o máis arriba posible” indica o técnico. O soño dalgúns afeccionados é lograr a clasificación para a promoción de ascenso á Preferente. Non hai presión, e se a houbera, a mellor resposta é unha incuestionable vitoria a próxima xornada, diante do Club do Mar de Caión. Quedan nove xornadas para o remate da Liga, vintesete puntos en xogo. 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora