A liña dos últimos tempos

A liña dos últimos tempos
26 de Novembro, 2021 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

Segunda Galicia de fútbol. Meirás – Barallobre. Domingo ás catro da tarde no campo do Misael Prieto. Arbitro: Cristian Santos. O Meirás segue a liña dos últimos anos, segundo o adestrador do Barallobre Oscar Varela.

S.D.Barallobre

Fotografia: Xan Xe Corral.

Tamén na Segunda Galicia, Amistade de Meirás – Maniños B. Campo de Santa Mariña do Monte. Dirixe o colexiado Juan Carlos Blanco. Domingo ás catro e media da tarde. Entran forte ao balón e teñen dous dianteiros moi rápidos, para o técnico do Maniños B Manuel Freire. 

Fútbol feminino.

O adestrador do Perlío feminino espera encontrar un equipo xove con velocidade polas bandas. Un conxunto similar ao Perlío,segundo explica Juan José Lorenzo. Eirís – Perlío. Domingo ás seis da tarde no campo de San Pedro de Visma na Coruña. Pita o arbitro Ignacio Grobas. 

Deportes

Publica o teu comentario agora