Liberdade e seguridade

Liberdade e seguridade
10 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira novela da xornalista pontevedresa Sara Vila resultou gañadora da quinta edición do premio Illa Nova de Narrativa. Oito días sen Eva Cortes é o título da obra dunha autora que recoñece que grazas á literatura gañou moita seguridade.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/080922VILA.mp3

Fotografía: Xan Xe Corral

“Eu son insegura. Pásame cando publico unha noticia nun xornal. Sempre tes medo a meter a pata pero a literatura nese senso dáche moita liberdade porque é ficción”, explica Sara Vila no clube de lectura de Radiofusión. “Escribín isto na miña casa sen ensinarllo a ninguén. Era algo case clandestino. Dábame pudor dicir que estaba escribindo unha novela e que dirían de min. Cando xa a tiña escrita, deilla a un amigo para que a lera e me dixese que lle parecía porque estaba pensando en presentala a este premio. Envieina, e cando a enviei si que llo dixen a algunhas persoas, a poucas. Cando gañei foi un pouco como dicir que si que estaba ben escrita, era interesante e merecía a pena. Enviar un escrito asi a unha editorial sen ningún filtro ou sen o respaldo dun xurado que diga que merece ser publicada. Ter ese respaldo do xurado foi a forma de gañar seguridade”, desvela a gañadora da quinta edición do premio Illa Nova de Narrativa. 

Cultura

Publica o teu comentario agora