A libraría Carballido, centro de cultura

A libraría Carballido, centro de cultura
12 de Novembro, 2021 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A libraría Carballido é un centro de cultura nos Castros, na Coruña. Ali pódense adquirir os tres libros protagonizados polo inspector Pereiro, escritos por Antonio Tizón e publicados por Xerais (A antesala luminosa, Un home estraño e Os incurábeis). Esta última novela serviu de base do podcast tamén denominado "Os incurábeis", realizado baixo a dirección de Eugenia Sanmartín.

ESCOITA O PODCAST:
Libraría Carballido. Os Castros. A Coruña

"Nada máis entrar no Mesón As Pedras, vin como Martín, o mariñeiro comunista admirador de Lebed, agarrou polo pescozo coas súas mans descomunais a Anastasio, o capitán xubilado simpatizante da Falanxe, que non era capaz de desembarazarse dunha presión cada vez máis asfixiante. Non tiven máis remedio que intervir eu para separalos. De seguida, ao verse libre, foi o falanxista quen berrou fóra de si, apuntando cunha pistola ao seu agresor".
O inspector Pereiro relátanos neste capítulo de Os incurábeis unha lea acaecida nun bar dos Castros por razóns políticas.

Cultura

Publica o teu comentario agora