A libraria na era de Amazon

A libraria na era de Amazon
12 de Novembro, 2020 - 01:26 h. | Publicada por Radio Fene

Arredor de vintecinco librarias abren as súas portas todos os dias na comarca de Ferrol. Algunhas compaxinan a súa adicación ao libro coa venda de prensa e produtos de papelería. Son 16 establecementos en Ferrol, 9 en Narón, 2 en Fene e 1 en Neda.

Miguel Justo (Central Librera da rúa Dolores de Ferrol) con Lorenzo Silva e Henrique Sanfiz. 2017

A edición de libros caeu de xeito importante na última década. Dos 2.544 títulos que se editaron en galego en 2010 pasouse a 1211 en 2016. De cada dez libros editados, catro son libros de texto, tres de criación literaria, dous de literatura infantil e xuvenil e un de Ciencias Sociais e Humanidade. As librarías son comercios de proximidade, cun trato humano, profesional e responsable coa súa contorna. Libraria Imprenta San Esteban en Perlío e Libraria Contos en Fene dinamizan a cultura e fomentan a lectura. O Dia das Librarías celébrase mañá venres 13 de novembro. Quere reivindicar a figura da libraría na era de Amazon.

Cultura

Publica o teu comentario agora