ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Chega a Fene a Maleta Viaxeira MAVI. Unha iniciativa para concienciar á sociedade contra o machismo na que colaboran o Concello e a Subdelegación do Goberno, da que nos informaron a concelleira de Benestar e Igualdade, Sandra Permui e a coordinadora desa área municipal, Pilar Couce.
Fene recibirá este venres unha maleta de cor morada chea de libros a prol da igualdade e contra o machismo. É MAVI, a Maleta Viaxeira que pasará tres meses en Fene, na biblioteca e noutras entidades como centros educativos, antes de viaxar a un novo destino. Mañá ás nove e media, o alcalde Juventino Trigo, e a concelleira de Benestar e Igualdade, Sandra Permui, recibirán a a Maleta Viaxeira de mans da subdelegada do Goberno, María Rivas.
Publica o teu comentario agora