Libros e vida

Libros e vida
15 de Novembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nova edición do programa Refórzate que desenvolve cada curso a área de Benestar do Concello de Fene. A pedagoga municipal, María Xosé Paz, explicou en que consiste e as novidades que presenta este ano.

 

ESCOITA O PODCAST:

Refórzate é un programa socio educativo da Concellería de Benestar e Igualdade  que combina actividades educativas e de ocio. Dirixido a nenos e nenas a partir dos seis anos con dificultades académicas ou de socialización.“Ten en conta dificultades de aprendizaxe e tamén presta atención a condutas que poden ser de risco como o uso excesivo de pantallas, porque as redes absorben e non favorecen unha socialización positiva”, destacou a pedagoga municipal María Xosé Paz. As actividades darán comezo a próxima semana e organízanse en grupos con máximo de dez prazas. Como novidade abrimos grupo para alumando de 6-7 anos, sinalou María Xosé. Outros grupos son para escolares a partir dos 12 anos e de 8 a 11 anos. 

Institucional

Publica o teu comentario agora