Libros sobre rodas chegan a Narón

Libros sobre rodas chegan a Narón

05 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Libros é o que transporta un autobús de dous pisos que percorre Galiza estes dias. Hoxe está en Betanzos e mañán sabado permanecerá en Narón o bus da campaña “Libros sobre rodas” . A vindeira semana rematará na provincia de Lugo. Trátase dunha iniciativa da Dirección de Promoción e Difusión da lectura.

Nenos e maiores poden achegarse mañán a este autobús que permanecerá na Praza da Gándara en Narón para descubrirlles como é o libro e como nos achega ao coñecemento. Como agasallo recibirán un exemplar da “Historia do libro”.

O autobús é moi atractivo por fora pero sobre todo por dentro, segundo o responsable, Francisco López. Amais desta campaña "Libros sobre rodas" a Dirección de Promoción e Difusión da lectura ten outras iniciativas en marcha como as conmemoracións de Torrente Ballester, Luís Seoane, Rosalía ou Uxío Novoneira.

A isto súmanse congresos, a promoción das bibliotecas municipais ou a campaña especial do Dia da Muller deste ano, na que se distribuirá a través de Renfe, nos trens, unha publicación realizada por un grupo de mozas. 

Sociedade